publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Quintana destaca a posta en valor das infraestruturas do rural para fomentar a súa dinamización

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLobiosOurense
A-
A+

A conselleira do Medio Rural e do Mar, Rosa Quintana, visitou esta mañá o concello ourensán de Lobios. Durante a súa estancia no municipio a conselleira visitou a reconstrución do local social de Puxedo, unha obra que recibiu axuda da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (AGADER), pertencente á Consellería do Medio Rural e do Mar.

A titular de Medio Rural e Mar destacou a importancia destas infraestruturas na mellora das condicións de vida no rural e na fixación da poboación neste eido. Neste sentido, sinalou que un dos obxectivos básicos da Xunta é equiparar as condicións de vida do medio rural e urbano.

Ademais a conselleira destacou o labor dos veciños de Puxedo, xa que o proxecto de rehabilitación foi impulsado pola Asociación de Veciños. Eles tamén foron os promotores da rehabilitación do conxunto monumental de San Antonio, unha obra de grande valor histórico e artístico e que, sinalou a conselleira, pon en valor o patrimonio cultural do lugar de Puxedo, facendo do turismo unha fonte de ingresos complementaria á das rendas agrarias.

Local social e conxunto monumental

A reconstrución do local social e a rehabilitación do conxunto monumental de San Antonio foron subvencionadas por AGADER. O local social, situado na praza do lugar, foi adquirido, rehabilitado e acondicionado para o uso dos veciños e servirá para a realización de distintas actividades lúdicas e formativas. Contou cunha axuda de preto de 46.000 euros.

O conxunto monumental de Santo Antonio está formado pola Capela, o peto das ánimas e palco e son bens incluídos no inventario xeral de patrimonio cultural de Galicia. Para a súa restauración, impulsada tamén pola asociación de veciños, contaron cunha axuda de preto de 19.500 euros

4 de xullo de 2014 | 16:49 • Sen comentarios

Comentarios pechados.