publicidade hoxe

Posta en marcha das obras de mellora na PO-313 entre Marín e Moaña

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaMarínMoañaPontevedra
A-
A+

A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas iniciou esta mañá as obras de reparación do firme da PO-313 que enlaza Moaña con Marín.

O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Jose Manuel Cores Tourís, destacou que estas “actuacións supoñen un investimento de algo máis de 122.000 euros”.

“En concreto, estase a traballar para mellorar o firme de desta estradas co obxectivo de mellorar a súa seguridade viaria, para o que se están a levar a cabo actuacións sobre o firme e os marxes que permiten mellorar as súas características actuais”, explicou Cores Tourís, quen destacou que o reasfaltado comezou a executarse hoxe dende a glorieta que enlaza este vieiro coa PO-551 no termo municipal de Moaña. “Dende alí irase avanzando cara a Marín ata chegar á travesía de esta localidade onde non se actuará ao contar xa cun rodamento en boas condicións”, engadiu o delegado territorial.

En concreto, os traballos céntranse no fresado localizado de 5 centímetros de espesor nas zonas que presentan roturas puntuais e deformación do firme, así como na reposición da capa de rodadura, a reposición da capa intermedia e o selado de gretas. Tamén se limparán marxes, se completará a sinalización vertical e horizontal, así como os sistemas de contención. Nalgunha curvas executaranse cunetas revestida de seguridade “co fin de evitar o desbordamento da auga polo cambio de peralte e proporcionar unha escapatoria no caso de saídas de vía”, matizou Cores Tourís.

Estes traballos véñense a sumar aos xa iniciados na PO-531, na PO-305 así como nas estradas PO-548 entre Pontecesures e Vilagarcía; na PO-303, entre Samieira e Castrelo, e na VG-48 entre Campañó e Poio, “actuacións que suporán, en total, case un millón de euros”, finalizou o delegado territorial.

17 de xullo de 2014 | 13:55 • Sen comentarios

Comentarios pechados.