publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Portos de Galicia supera no primeiro semestre do ano o millón de toneladas transportadas

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaBurelaCariñoCeeGaliciaPortada esquerdaRibadeoRiveira
A-
A+

Ribadeo, Cee e Cariño lideran o ránquin de tráfico de mercadorías e Burela, Celeiro e Ribeira o de descarga de pesca fresca.

>>>>>>>>>

Portos de Galicia superou no primeiro semestre deste ano o millón de toneladas transportadas. En concreto, nos peiraos de titularidade autonómica movéronse entre o 1 de xaneiro e o 30 de xuño un total de 1.204.990 toneladas de mercadorías. Así o trasladou o presidente do ente público, José Juan Durán, ao Consello de Administración no balance de actividade dos seis primeiros meses de 2014.

Durán Hermida indicou tamén que o volume de tráfico de mercadorías nos 122 portos de titularidade autonómica no primeiro semestre experimentou un crecemento do 1,5% respecto ao mesmo periodo do pasado ano. “A extrapolación destes datos á segunda metade do ano permite estimar que de novo Portos de Galicia poida pechar o ano cun movemento de mercadorías superior aos 2 millóns de toneladas, como ocorreu por primeira vez o pasado ano”, engadiu.

Por peiraos, os que rexistraron maior volume de tráfico de mercadorías foron, respectivamente, Ribadeo, con 274.495 toneladas; Cee, 245.215 toneladas; e Cariño, con 229.124 toneladas. Cómpre facer especial mención ao caso de Ribeira, que rexistrou nos 6 primeiros meses do ano o movemento de 15.830 toneladas, un 93% máis que o ano anterior.

Respecto á descarga de pesca fresca, nos peiraos dependentes da Xunta de Galicia descargáronse ata o 30 de xuño 43.948 toneladas de peixe, un 11,6% máis que no mesmo periodo do ano pasado. En canto ao seu valor en lonxa, o volumen económico xerado polos portos autonómicos neste periodo foi de 100 millóns de euros. Os peiraos con maior volume de descarga de pesca fresca foron: Burela, con 27.623 toneladas; Celeiro, 21.295 toneladas; e Ribeira, con 16.638 toneladas.

26 de xullo de 2014 | 11:00 • Sen comentarios

Comentarios pechados.