publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Por primeira vez en Rodeiro hai máis solicitudes no PAI ca prazas dispoñibles

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaRodeiro
A-
A+

O alcalde de Rodeiro, Luís López, explica que por primeira vez moitos anos, desde a apertura do Punto de Atención á Infancia hai máis solicitudes ca prazas dispoñibles. “Gustaríanos que a tendencia fora esta, e ogallá fixera falta unha ampliación da gardería, pero lamentablemente trátase dunha situación puntual que seguramente non se volva repetir”.

López asegura non entender as críticas dos nacionalistas cando saben que os únicos gobernos que fixeron algo pola conciliación familiar foron os do partido Popular, en primeiro lugar ao poñer en marcha esta iniciativa, e xa neste mandato con melloras substanciais como un horario continuado ou o reforzamento do cadro de persoal. O BNG estivo gobernando, que expliquen que fixeron en catro anos por este punto

O rexedor local explica que as prazas dispoñibles son as que están establecidas. O noso desexo á que esta tendencia se manteña e que sexa necesario ampliar as instalacións, porque iso significaría entre outras cousas que aumentan os nacementos en Rodeiro, pero os datos indican o contrario. Con todo, o alcalde lamenta que haxa cinco familias que no próximo curso non van poder contar con este servizo, e explica que os criterios que se seguiron foron obxectivos e segundo o baremos establecido.

23 de xullo de 2014 | 19:09 • Sen comentarios

Comentarios pechados.