publicidade hoxe

Pontecesures “ponlle as pilas o teu bocata”

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaPontecesures
A-
A+

O Concello de Pontecesures acollerá o vindeiro mércores 16 de xullo, esta campaña impulsada pola Xunta co obxectivo de promover unha alimentación sana entre os escolares.

Trátase do programa “Ponlle as pilas ao teu bocata”, deseñada pola Consellería do Medio Rural e do Mar coa colaboración das consellerías de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, a de Sanidade e ANFACO-CECOPESCA para por de relevo as virtudes das conservas de productos do mar: o seu valor como fonte de enerxía.

Un equipo de monitores ensinarán aos rapaces e rapazas asistentes a ler as etiquetas das conservas, a coñecer a importancia de separar e reciclar os residuos que se xeran nos seus fogares, a elaborar menús que incorporan produtos do mar en conserva e a preparación de bocadillos que poderán saborear inmediatamente.

A actividade terá lugar as 11 da mañán no Plazuela, e está dirixida a rapaces e rapazas de 4 a 13 anos.  

14 de xullo de 2014 | 13:15 • Sen comentarios

Comentarios pechados.