publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Persoas con discapacidade aprenden a buscar traballo en Celanova con Cogami

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCelanova
A-
A+

O pasado xoves e venres, 3 e 4 de xullo, de 10 a 14 horas, unha orientadora laboral do servizo de formación e emprego de COGAMI (Confederación Galega de Persoas con Discapacidade) en Ourense, desprazouse ata a aula CEMIT do Concello de Celanova para impartir un seminario sobre Técnicas de Busca de Emprego.

Dirixido a persoas con discapacidade recoñecida e/ou incapacidade permanente total para a profesión habitual, o seminario tratou temas relacionados coa situación do mercado laboral no sector servizos. A finalidade é que as persoas asistentes asimilen unhas pautas básicas para saber desenvolverse á hora de buscar emprego.

Un grupo de 8 persoas procedentes da Comarca de Celanova, aprenderon a como presentarse a unha entrevista de traballo, como elaborar un currículum, como elaborar unha carta de presentación, como manexar as redes sociais especializadas na busca de emprego, cales son as obrigas e dereitos do traballador, que bonificacións e incentivos existen para os contratos de persoas con discapacidade, entre outros temas.

Durante os dous días que durou esta formación, as persoas participantes tiveron a oportunidade de asimilar conceptos e pautas básicas que debemos seguir cando queremos buscar un emprego.

8 de xullo de 2014 | 18:48 • Sen comentarios

Comentarios pechados.