publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Parabéns institucionais para o Somozas polo seu ascenso á Segunda División B

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaAs SomozasDeportes
A-
A+
Feijóo na recepción aos membros de As Somozas. Foto: X. Crespo

Feijóo na recepción aos membros de As Somozas. Foto: X. Crespo

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, recibiu hoxe á Unión Deportiva Somozas con motivo do seu ascenso á Segunda División B. O máximo mandatario galego quixo recoñecer “a calidade e a entrega” da directiva, dos xogadores e do corpo técnico, artífices da maior xesta na historia do club coruñés.

O presidente da Xunta gabou, ademais, o traballo do corpo técnico encabezado por Míchel Alonso, un adestrador galego que “combina xuventude e experiencia”, e o labor dos xogadores que, dixo, “souberon afrontar os momentos complicados para chegar na mellor forma aos partidos clave da tempada”.

8 de xullo de 2014 | 19:19 • Sen comentarios

Comentarios pechados.