publicidade hoxe

Os membros do Fogar de San José de Monforte visitan Sober

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaSober
A-
A+
Visita do Fogar de San José a Sober

Visita do Fogar de San José a Sober

O alcalde de Sober, Luis Fernández Guitián, recibiu hoxe a medio centro de membros do Fogar de San José de Monforte, entre internos, relixiosos e coidadores. Tras o paso polo Concello, os membros do Fogar de San José realizaron unha excursión pola localidade para coñecer os principais recursos turísticos dos que dispón Sober.

En concreto, realizaron unha visita ao Centro Oleiro de Gundivós, ao Santuario de Cadeiras é a adega Regina Viarum.

Fernández Guitián subliña que se trata “dunha visita especial” por tratarse de anciáns, boa parte deles orixinarios de Sober, que hai moitos anos que non visitaban o Concello e que, a bo seguro, marcharán sorprendidos da calidade dos recursos turísticos cos que hoxe conta o lugar onde naceron.

10 de xullo de 2014 | 18:27 • Sen comentarios

Comentarios pechados.