publicidade hoxe

Os ex alcaldes da democracia de Riveira serán distinguidos coa Medalla de Ouro nas festas de Santa Uxía

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocal PortadaRiveira
A-
A+
Intervención do alcalde de Riveira

Intervención do alcalde de Riveira

Os catro ex alcaldes da etapa democrática en Riveira van ser distinguidos coa medalla de ouro do Concello, nun acto que terá lugar o vindeiro mes de setembro no transcurso do programa de actos das festas de Santa Uxía, padroa da cidade.

Así o anunciou onte pola tarde o seu homólogo Manuel Ruiz con motivo dun evento organizado media hora antes do pleno de xullo, co gallo da substitución no salón de sesións dos cadros dos antigos rexedores por uns novos retratos fotográficos.

Os voceiros dos distintos grupos municipais acordaron estas distincións, que ata o de agora tiñan recibido fundamentalmente persoeiros do municipio destacados no ámbito do deporte (caso de María Vilas e Ana Peleteiro en 2012 e de Fran e José Ramón González hai máis dunha década).

O emotivo acto de onte contou coa participación de Mercedes Pariente, viúva de Lisardo Valeiras Bravo (primeiro alcalde da Democracia, entre 1979 e 1983) e con José Luis Ventoso Mariño (1983-1987), Ricardo Pérez Queiruga (1987-1991, tamén fóra rexedor anteriormente, entre 1975 e 1979) e José Luis Torres Colomer (1991-2011).

Pariente, Ventoso e Pérez recibiron os tres retratos ao óleo que, pintados por Isabel Rey, ata onte locían no salón de plenos.

29 de xullo de 2014 | 17:54 • Sen comentarios

Comentarios pechados.