publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Obradoiro de verán e tempo libre en Ribas de Sil

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaRibas de Sil
A-
A+

O vindeiro día 4 de xullo darán comezo os obradoiros de lecer e tempo libre que ano tras ano ven organizando o Concello de Ribas de Sil.

As actividades que se organizarán serán entre outras: saídas a praia fluvial, manualidades, xogos de mesa, saídas socioculturais, actividades deportivas…

Se tés entre 3 e 16 anos e queres acudir pide información e apúntate nas oficinas municipais do concello en horario de 9:00 a 14:00.

TARIFAS DOS OBRADOIROS

2 MESES: 30 €

1 MES: 20 €

15 DÍAS: 15 €

1 SEMANA: 10 €

Para cada irmán adicional, aplicaráselle o 50 % da tarifa

Programación de verán

Por outra banda, dende o Concello de Ribas de Sil propoñen as seguintes actividades para o período estival

Sábado 5
Actuación do Cantautor DAVID PRADO, ás 22:30 h no Anfiteatro da Praia Fluvial

Domingo 6
HERMANAGER PRODUCIÓNS co espectáculo: “Kiricreques” (Monicreques) ás 20:00 h no Anfiteatro da Praia Fluvial

Sábado 12
GRUPO DE TEATRO DA A.V. DE SALCEDO co espectáculos: “Borracheira á morte” e “Non Casei con todas” (Teatro) ás 22:00 h no Anfiteatro da Praia Fluvial

Domingo 13
TUSITALA Contacontos co espectáculo: “Xogando Con Globos” (Actividade infantil) ás 20:00 h no Anfiteatro da Praia Fluvial

Sábado 19
HERMANAGER PRODUCIÓNS  co espectáculo: “O Mago Carlos” (Maxia) ás 22:00 h no Anfiteatro da Praia Fluvial

Domingo 20
TUSITALA Contacontos co espectáculo:” Rastreo Pirata” (Actividade infantil) ás 20:00 h no Anfiteatro da Praia Fluvial

Venres 25
ELEFANTE ELEGANTE co espectáculo: “Os sons do vento que pasa” (Concerto) ás 20:00 h no Anfiteatro da Praia Fluvial

Sábado 26
HERMANAGER PRODUCIÓNS co espectáculo: “Á dereita do pai” (Dúo Humorístico) ás 22:00 h no Anfiteatro da Praia Fluvial

Domingo 27
TARABELOS co espectáculo:“Sabela e o páxaro máxico” (Monicreques) ás 20:00 h no Anfiteatro da Praia Fluvial

1 de xullo de 2014 | 12:14 • Sen comentarios

Comentarios pechados.