publicidade hoxe

O Real Club Náutico da Coruña acolle o II Trofeo Coruña The Style Outlets

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA CoruñaDeportes
A-
A+

Os próximos días 1, 2 e 3 de agosto nas instalacións do Real Club Náutico da Coruña celebrarase a XIV edición da Semana Náutica: II Trofeo Coruña The Style Outlets.

No acto de presentación oficial do encontro, celebrado esta mañá na sede social do Real Club Náutico, participaron o Presidente do Club, Germán Suárez- Pumariega e Javier Moreno, xerente de Coruña The Style Outlets.

Javier Moreno destacou na súa intervención: “Xa é a segunda edición que patrocinamos a Semana Náutica e por iso estamos moi satisfeitos de que Coruña The Style Outlets se converta en principal patrocinador dun evento deportivo desta magnitude. Desde a nosa apertura, un dos nosos alicerces da nosa responsabilidade social corporativa é participar activamente nas iniciativas deportivas e socio-culturais da nosa contorna; queremos así devolver algo do que os cidadáns nos están dando e agradecer ao Real Club Náutico a gran acollida que nos deron un ano máis”.

A REGATA

En total participarán 150 deportistas nas regatas, que proceden dos principais clubs galegos e doutros puntos de España e Portugal. A esta cifra hai que engadir os acompañantes, adestradores e persoal técnico, que serán outras 100 persoas máis, polo que a afluencia deixarase notar na cidade, non só nas instalacións deportivas do RC Náutico.

A Semana Náutica articúlase ao redor de dúas clases. En “Optimist”, para participantes entre 7 e 14 anos, contémplase a maior flota, cuns 125 barcos procedentes da Coruña, Vigo, Ferrol, Rodeira, Canido, Sanxenxo, Asturias, País Vasco, Canarias, Madrid, Cataluña, Murcia e Portugal.

Nesta clase haberá 3 regatas por día, o venres, sábado e o domingo. O campo de regatas estará situado entre o porto de Santa Cruz (Oleiros) e o peirao de Oza.

A outra clase en competición é o “Láser”, idónea para regatistas entre 16 e 25 anos, e onde se contará cunha participación de 25 barcos procedentes principalmente de Galicia, Madrid e Portugal.

Igualmente haberá 3 regatas por día, o sábado e o domingo. O seu campo de regatas estará situado ao norte do Dique de Abrigo, na zona de Adormideras.

UN GRAN ESPECTÁCULO NÁUTICO

As diferentes regatas da Semana Náutica poderán ser seguidas polos coruñeses desde distintos puntos da bahía: Paseo Marítimo, La Torre, Oza e Bastiagueiro.

PROGRAMA SOCIAL E ENTREGA DE PREMIOS

O sábado pola tarde a partir das 19.30 no Centro celebrarase unha festa para todos os regatistas e acompañantes na que o Centro lles obsequiará cunha merenda, agasallos e entregará a todos os participantes un detalle conmemorativo da regata.

Por outro parte, o acto de entrega de premios celebrarase o domingo día 3 ao finalizar a regata nas instalacións deportivas do Club Náutico a partir das XX horas, para as diferentes categorías.

30 de xullo de 2014 | 11:38 • Sen comentarios

Comentarios pechados.