publicidade hoxe

O Programa de Voluntariado de Pontevedra contará este verán con 182 mozos

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaBarroPontevedraPontevedraPontevedra
A-
A+

O programa de Voluntariado Xuvenil da Consellería de Traballo e Benestar permite este ano que un total de 182 mozos e mozas, de entre 18 e 30 anos, se incorporen como voluntarios aos proxectos solidarios de 11 concellos e 16 entidades da provincia de Pontevedra. En total, executarán un total de 9.117 xornadas de acción voluntaria.

O director xeral de Xuventude e Voluntariado, Ovidio Rodeiro, reuniuse cos responsables e cos voluntarios xuvenís que colaboran co concello de Barro para coñecer de primeira man o desenvolvemento deste programa.

No proxecto de voluntariado, que leva por título “O circo das ideas”, participarán 6 voluntarios xuvenís en diferentes actividades organizadas en obradoiros e relacionadas co mundo do circo (malabares, equilibrismos, pallasos ou animais do circo) destinadas a rapaces de 4 a 14 anos. Tamén se abordarán asuntos como a violencia de xénero e se realizaranse actividades de reforzo escolar e con libros da biblioteca municipal.

Ovidio Rodeiro destacou que “este é o primeiro programa en todo o Estado que aposta polo compromiso social directo da mocidade”. Ademais, tamén resaltou que os participantes recibirán unha certificación oficial da experiencia adquirida mediante este proceso de educación non formal, segundo establece a nova Lei Galega de Acción Voluntaria, aprobada por unanimidade en 2011.

Os proxectos que se executan mediante o voluntariado xuvenil teñen unha duración comprendida entre 15 e 60 días, e desenvolveranse nas áreas relacionadas co Camiño de Santiago; coa recuperación da cultura, a arte ou as tradicións populares galegas; cos colectivos en situación de risco; con proxectos xuvenís; con actividades ambientais ou relacionadas coa igualdade de xénero.

A Consellería de Traballo e Benestar destina ao programa de Voluntariado Xuvenil en 2014 un total de 440.000 euros, un 17 por cento máis que o ano pasado, o que permite que en Galicia se incorporen como voluntarios 736 mozos e mozas a proxectos solidarios de 54 concellos e 68 entidades.

En concreto, nas comarcas de Pontevedra e O Salnés, o investimento do programa de voluntariado xuvenil é de 24.798,62 euros, repartidos entre os concellos de Valga, Cangas, Cuntis, O Grove e Pontecesures, e 3 entidades de acción voluntaria: Asociación A Eira de Valga, Federación Galega pola Cultura Marítimo Fluvial de Cambados e Down Pontevedra, cun total de 55 persoas voluntarias que realizarán 2.629 xornadas de voluntariado xuvenil.

10 de xullo de 2014 | 12:25 • Sen comentarios

Comentarios pechados.