publicidade hoxe

O Pleno do CRDO Ribeiro cualifica a pasada colleita 2013 como “excelente”

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocal PortadaOurenseRibadavia
A-
A+

O Consello Regulador da Denominación de Orixe Ribeiro vén de cualificar a pasada colleita 2013 como “Excelente” por acordo plenario na reunión celebrada hoxe, 24 de xullo, na sede social do Consello Regulador, sita en Ribadavia.

Esta cualificación aplicable á colleita 2013, actualmente en vías de comercialización, vén determinada polas análises organolépticas realizadas a longo do aoo polo Órgano de Control e Certificación do Consello Regulador.

Anualmente o Órgano de Control analiza unha media de 500 mostras e compáranse os resultados das últimas 15 colleitas. Actualmente xa se analizaron e validaron máis de 180 mostras da colleita 2013, que supoñen máis de 2.7 millóns de litros aptos para a súa comercialización con Denominación de Orixe Ribeiro. A partir do tratamento estatístico destes datos obtense unha información representativa, que permite cualificar a colleita de xeito obxectivo en función da súa calidade organoléptica.

24 de xullo de 2014 | 18:52 • Sen comentarios

Comentarios pechados.