publicidade hoxe

O pleno de Culleredo aproba a conta xeral de 2013 cun remanente positivo de máis de 3 millóns de euros

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCulleredo
A-
A+

O Concello de Culleredo celebrou no mediodía de hoxe a sesión ordinaria do pleno da corporación na que se aprobaron diferentes asuntos de importancia para o municipio. Entre eles atopábase a conta xeral do ano 2013, que arroxou uns resultados moi positivos para a economía municipal.

O remanente, magnitude que mide o estado real das contas dun Concello, volve ser positivo e alcanza os 3.098.793,08 euros, a mellor situación do Concello de Culleredo nos últimos anos. Este remanente permite ao goberno local levar a cabo investimentos sustentables, de máximo interese para os veciños, como a rehabilitación do Edificio de Servizos Múltiples e a reforma do campo de fútbol de Rutis.

Dedicar remanente aos investimentos está autorizado polo Goberno do Estado a aquelas administracións locais que manexen superávit na súa contabilidade e que as súas operacións de crédito concertadas atópense nos límites establecidos pola propia lexislación. É o caso do Concello de Culleredo.

Tamén cun remanente positivo é posible adiantar a amortización dos créditos, como xa fixo o pasado exercicio o Concello. Neste exercicio, os créditos en vigor reducíronse un 30%, o que pon de relevancia todos os esforzos que está a levar o equipo de goberno neste último ano, garantindo así mesmo poder realizar grandes investimentos, como os 1,5 millóns de euros destinados a Servizos Múltiples e ao campo de Rutis.

O ano 2013 finalizou ademais con superávit. O seu valor real ascende a 650.798,37 euros. Neste mesmo sentido, pasouse dunha necesidade de financiamento de 534.317,68 euros en 2011 a unha capacidade de financiamento de 2.503.286,11 euros en 2012, e a unha cifra de 2.811.994,19 euros en 2013.

O alcalde de de Culleredo, Xullo Sancristán, destacou que todos os parámetros continúan mellorando “de forma substancial” froito do “esforzo no aforro” seguido polo Concello. As contas municipais teñen máis remanente, maior capacidade de financiamento, e menor contía pendente de amortización.

Esta boa senda económica permite ao goberno local cumprir a súa política de levar a cabo de forma continuada actuacións demandadas polos veciños. De feito, o Concello sacará a licitación nos próximos días actuacións por valor de 2 millóns de euros.

A conta xeral foi aprobada sen ningún voto en contra, co apoio do goberno local e a abstención da oposición. A documentación estivo en información pública durante 23 días, sen recibirse ningunha alegación.

31 de xullo de 2014 | 19:36 • Sen comentarios

Comentarios pechados.