publicidade hoxe

O pallaso da tele Rody trae ao Auditorio de Vilagarcía unha gran aventura musical e humorística

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCalendarioVilagarcía de Arousa
A-
A+

O espectáculo dos famosos Pallados da Tele chegan en agosto ao Auditorio para divertir aos máis pequenos da casa e para conseguir que os maiores lembren as entrañables tardes de sábado con Gabi, Fofó, Miliki, Milikito e Rody. Este último recolle o legado da familia Aragón e protagoniza “La Gran Aventura” o musical que se representa o domingo 10 de agosto, a partir das 20:30 horas, en Vilagarcía e no que a música e o humor dos pallasos de sempre garanten o éxito. As entradas xa se poden adquirir a través de servinova a partir de 10 euros.

O “Musical de los Payasos de la Tele, La Gran Aventura” segue a trama daqueles espctáculos televisivos no que os sustos, as caídas ou os tartazos mesturábanse en historias de misterio ou terror humorístico. O espectáculo que chega a Vilagarcía desenvólvese no “Hotel Ardiales”, un misterioro lugar onde acontecen cousas moi estranas. Por esa razón a súa estricta directora , a Srta. Cirila Ardiales (Claudia Molina) ofrece a herdanza completa do hotel a quen logre pasar unha noite hospedado nel. Dous valentes personaxes, Rody y Jito, lánzanse á aventura para conseguir o suculento premio, e intentarán superar o reto e pasar todas as vicisitudes necesarias para logralo.
Para elo terán que enfrontarse as personaxes encantadas que habitan misteriosamente no hotel.

Toda esta historia está salpicada polas cancións universalmente coñecidas de El Musical: “La Gallina Turuleca”, “Hola, Don Pepito”, “Susanita”… e moitas máis, todas elas cantadas en directo polos protagonistas, con el claro obxectivo de facer partícipe a todo o público do espectáculo, animándoos a cantar, a dar palmas, a levantarse dos seus asentos, e en definitiva, a interactuar xunto a Rody Aragón e a todo o elenco de artistas. Tampouco faltarán temas como Cóme pica la nariz, Hola Don Pepito, El auto, Dale Ramón, Susanita, El barquito de cáscara de nuez…

Cunha duración aproximada de 80 minutos, a función está deseñada para captar, de principio a fin, a atención de nenos e maiores, logrando que el público goce, sorría e se emocione durante todo o espectáculo.

29 de xullo de 2014 | 12:55 • Sen comentarios

Comentarios pechados.