publicidade hoxe

O novo alcalde de Arbo reúnese co delegado territorial da Xunta en Pontevedra

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaArboPontevedra
A-
A+
Cores Tourís na reunión co novo alcalde de Arbo

Cores Tourís na reunión co novo alcalde de Arbo

O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, recibiu esta mañá no seu despacho ao novo alcalde do Concello de Arbo, Horacio Gil.

Durante o encontro, o novo rexedor invitou ao delegado territorial a visitar oficialmente o municipio, “algo que faremos nos próximos días para analizar con Horacio Gil a situación do concello e as necesidades e proxectos pendentes”, explicou José Manuel Cores Tourís.

O delegado territorial felicitou ao novo alcalde polo seu nomeamento e avanzoulle que visitará con él as obras realizadas a través do Plan Marco para a mellora das infraestruturas rurais do municipio.

Tamén analizarán durante a visita a Arbo a situación dos centros educativos do concello así como outras demandas do municipio.

4 de xullo de 2014 | 16:22 • Sen comentarios

Comentarios pechados.