publicidade hoxe

O músico galego Carlos Jean retoma a súa carreira musical en solitario con Wasting Your Time

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaFerrolLocal Portada
A-
A+
Europa Press

Despois dun tempo traballando en proxectos colaborativos, Carlos Jean retoma a súa carreira en solitario, aquela que comezou fai máis de 15 anos cando publicaba o seu disco ‘Planet Jean’.

Desde entón, a súa traxectoria contou con tres discos en solitario, outros dous coa formación Najwajean, máis de sete bandas sonoras para cine e un sen fin de artistas producidos, ademais de converterse, sobre todo nos últimos anos, nun referente na escena DJ do noso país.

Agora, tras varios anos traballando con outros artistas, apoiando talento e apostando pola co-creación, Carlos Jean volve en solitario con ‘Wasting Your Time’, un single que retoma sons das súas orixes e que xa está dispoñible en iTunes.

O tema recupera os beats pesados característicos de Carlos, impregnado con sons de tradición británica, conferíndolle á mestura tinguiduras clásicas e modernas nunha mestura inédita na carreira do músico galego.

Carlos Jean regresa cun proxecto que vai sorprender e que será presentado de maneira oficial á volta do verán. Mentres tanto, este single é un aperitivo do que está por vir, e o seu videoclip estrearase o 24 de xullo https://www.youtube.com/watch?v=6ou_Z25rU9uA&feature=youtu.be

21 de xullo de 2014 | 11:35 • Sen comentarios

Comentarios pechados.