publicidade hoxe

O módulo de Coaching pecha o voluntariado dixital no que participaron 150 persoas

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA CañizaA CoruñaAmesBetanzosCelanovaFisterraOrtigueiraVigo
A-
A+

Esta semana chega ao seu fin o Plan de Formación VolDIX 2014 “Innovación e Transformación Dixital 2.0”, no que este ano xa levan participado máis de 150 persoas voluntarias. Hoxe e mañá, venres 11 de xullo, pecharase este programa formativo con dúas xornadas sobre o coaching como ferramenta para que as personas acaden as súas metas e desenvolvan as súas habilidades para a transformación e a innovación social.

As xornadas son gratuítas e pódese participar en modalidade presencial no Centro de Novas Tecnoloxías de Galicia (CNTG) en Santiago de Compostela ou ben a través de videoconferencia nas aulas CeMIT de Ames, Betanzos, Ortigueira, Fisterra, A Coruña, Celanova, A Cañiza e Vigo. Ademais, poderá seguirse a través do Twitter co hashtag #innovacionDIX.

O Coaching como elemento transformador

Na xornada do 10 de xullo, Pablo García Fortes, coach persoal e executivo con máis de 20 anos de experiencia como facilitador de desenvolvemento persoal e habilidades directivas, amosa aos asistentes como sacar o máximo partido dos seus recursos identificando o propio potencial e axudándoo a comprender a importancia que teñen as propias competencias no momento de deseñar o proxecto de futuro e de fixar metas persoais.

Na xornada do 11 de xullo, Jorge Daniel Rial Reboredo, Socio Director de Visiona Consultores e do Instituto Europeo de PNL, explicará aos participantes valor da comunicación no emprendemento e a innovación social e a importancia de fixar as nosas metas como paso previo a emprender un proxecto.

O Coaching

No ámbito empresarial e persoal coñécese por coaching ao proceso interactivo e transparente mediante o cal o coach ou adestrador e a persoa ou grupo implicados no devandito proceso, buscan o camiño máis eficaz para alcanzar os obxectivos fixados usando os seus propios recursos e habilidades.

As metodoloxías do Coaching enfócanse cara ás solucións e oriéntanse cara os resultados, potencian a autonomía e a creatividade e fan fincapé no coñecemento como medio para cambiar a conduta.

O Plan de Formación VolDIX 2014

Como cada ano, o Programa de Voluntariado Dixital da Xunta, impulsado pola Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) e a Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado, pon en marcha o seu Plan de Formación que se está a desenvolver entre o 19 e xuño e o 11 de xullo. Este ano, co título “Innovación e transformación dixital 2.0”, ten como obxectivo desenvolver as capacidades das persoas e as organizacións como axentes impulsores da innovación social a través das novas tecnoloxías.

Programa de Voluntariado Dixital

O Programa de Voluntariado Dixital foi posto en marcha en febreiro de 2011 pola Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia e a Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado co obxectivo de achegar as novas tecnoloxías a un maior porcentaxe da poboación, favorecendo a inclusión dixital de toda la cidadanía, especialmente entre os colectivos de persoas maiores e de persoas con discapacidade.

Esta iniciativa suma a solidariedade individual, 340 voluntarios, xunto coa participación de 78 entidades de acción social. As actividades do programa beneficiaron no 2013 a 4.300 persoas e a Comisión Europea seleccionou esta iniciativa programa para ser analizada nun Peer Review a nivel europeo como boa práctica en materia de inclusión dixital.
 

10 de xullo de 2014 | 18:39 • Sen comentarios

Comentarios pechados.