publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

O home perdeu a vida nun accidente de moto nunha saída de vía no Incio

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaO IncioPortada dereitaSucesos
A-
A+

Un motorista, con iniciais S.G.F e de 31 anos, faleceu este domingo, sobre as 17,45 horas, ao sairse da vía a moto na que viaxaba no municipio lucense do Incio.

   En concreto, o accidente produciuse no quilómetro 10 da estrada LU-644, á altura da Cruz do Incio, segundo informaron fontes da Garda Civil de Lugo.

   Ata o lugar do sinistro desprazáronse un helicóptero do 112, unha ambulancia do O61 e unha unidade de Tráfico da Garda Civil de Lugo.

27 de xullo de 2014 | 20:01 • Sen comentarios

Comentarios pechados.