publicidade hoxe

O grupo de música tradicional Cántigas da Terra inaugura a tempada estival de actuacións en Laxe

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLaxe
A-
A+

O Concello de Laxe inaugura este domingo día 6 de xullo a primeira das actuacións que terá lugar no concello neste verán 2014.

Nada máis nin nada menos, será o grupo de música tradicional Cántigas da Terra quenes inauguren este domingo a praza tradicional de actuacións de verán: a Praza de Ramón Juega. A actuación terá lugar ás 20 horas.

A actuación está organizada pola Asociación de Amas de Casa a través da Rede Cultural da Deputación da Coruña, colaborando o Concello de Laxe aportando medios e recursos materiais (equipamento) e humanos.

A agrupación Cántigas da Terra está formada por coro, grupo de gaitas, grupo de zanfonas e corpo de baile e traballan dende fai ben anos atrás na recuperación de cantigas recollidas do imaxinario popular galego, destacando o seu respeto polas músicas orixinais.

O próximo acto cultural municipal, terá lugar o xoves 17 de xullo, onde a compañía dos 7 magníficos + 1 achegaranos o espectáculo “Historia de Brancaflor”. Espectáculo a medio camiño entre a maxia e o contacontos que narra a lenda de Brancaflor ó longo dunha hora de maxia, contos e humor para grandes e pequenos. A actuación terá lugar como vén sendo tradicional nas actucións dos xoves, pertencentes ó programa cultural A pé de Rúa, terá lugar ás 20 horas na mesma praza, a de Ramón Juega.

4 de xullo de 2014 | 12:54 • Sen comentarios

Comentarios pechados.