publicidade hoxe

O goberno local comeza o programa “Disfruta do verán nas piscinas de Sober”

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaSober
A-
A+

O Goberno local presenta o programa ‘Disfruta do verán nas piscinas de Sober’ que levará a cabo nas instalacións municipais nos meses de xullo e agosto. O horario das instalacións será de luns a domingo de 13:00 a 21:00 horas. As entradas terán un custo de 2,5 euros para maiores de 14 anos, 1,5 euros para nenos e nenas de 6 a 14 anos, e será de balde para os menores de seis anos.

O Concello de Sober ofrece tamén a posibilidade de adquirir bonos mensuais para toda a familia por un prezo de 40 euros, para nenos e nenas (20 euros) ou o bono mensual individual (30 euros).

A maiores, o Concello ten organizado actividades nas instalacións das piscinas para todos os nenos e nenas, previa inscrición. En concreto, no mes de xullo haberá tres obradoiros: un no que elaborarán un mural xigante, un de cociña creativa e outro de pintura sobre camisetas. As actividades complétanse cunha festa acuática con inchables, unha sesión de contacontos, un espectáculo de maxia e unha xincana acuática. Tamén haberá xogos acuáticos e populares.

Para o mes de agosto o Goberno local organizou outros tres obradoiros: un de elaboración de figuras de barro, un de globoflexia e outro de pintacaras. Os interesados tamén poden participar nun novo espectáculo de maxia, nunha xincana de xogos variados entre os que haberá unha modalidade predeportiva e xogos con paracaídas.

Ao remate do verán as piscinas municipais acollerán a festa de fin de actividades con música, baile e merenda para todos os nenos e nenas. A inscrición nestas actividades poderá facerse nas propias instalacións municipais.

A piscina contará un ano máis con sección de bibliopiscina e cursos de natación para nenos e adultos os martes e xoves. Os obradoiros para nenos serán os mércores ás 19:00 horas, os xogos ao aire libre os venres ás 19:00 horas e as clases de Aquagym os mércores e venres ás 16:30 horas.

3 de xullo de 2014 | 18:40 • Sen comentarios

Comentarios pechados.