publicidade hoxe

O Consorcio de Augas do Louro contempla na liquidación das taxas a reducción de consumos

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaMosO PorriñoPontevedra
A-
A+

O Comité Directivo do Consorcio ten aprobado o pasado 22 de xullo a liquidación das taxas polos servizos de abastecemento de auga potable, sumidoiros e depuración de augas residuais correspondentes aos meses de marzo e abril de 2.014.

Para o cálculo dos recibos correspondentes aos veciños que non tiveran instalado o aparello contador pero tiveran solicitado a súa instalación ou verificación ao longo deses meses, o consumo estimado na liquidación das taxas redúcese de 28 a 20 m3 no bimestre, o que se traduce nunha rebaixa no importe do recibo dun 25% pasando de 43,34 euros por bimestre a 32,75 euros.

A partires do momento en que o contador estea instalado e verificado, o Consorcio realizará as lecturas de consumos reais durante un bimestre completo para, no caso de que resulteninferiores aos 20 m3 estimados, proceder a descontar de oficio no recibo seguinte a diferenza entre o consumo estimado e o real.

Deste xeito, os usuarios que teñan instalado o contador poderán coñecer o seu consumo real e verán reducido o importe do seu recibo, sempre e cando fagan un uso responsable da auga.

A instalación de contadores permitirá levar un control máis exacto dos consumos reais e axustar a produción de auga potable que debe ser subministrada, evitando perdas e posibilitando a detección de fraudes. Esta mellor xestión redundará nunha redución de custes e, polo tanto, nun aumento da capacidade do Consorcio para a mellora e renovación de instalacións.

O Consorcio informa que, no caso de O Porriño, mais de 2.000usuarios xa teñen solicitado a instalación ou verificación de contadores,o que supón case que un 40% do total de usuarios domésticos, polo que anima a estes veciños a que realicen a correspondente solicitude de instalación ou verificación.

30 de xullo de 2014 | 12:49 • Sen comentarios

Comentarios pechados.