publicidade hoxe

O Concello de Sober colabora coa celebración das festas de Santa Ana e Santiago en Gundivós

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaSober
A-
A+

O Concello de Sober colabora coa organización das Festas de Santiago e Santa Ana en Gundivós que terán lugar a partir do xoves 24 e se prologarán ata o sábado 26.

A celebración dará comezo o xoves día 24 ás 21:00 horas cunha pancetada de balde e baile coa Orquestra Xente Nova. O día de Galicia, o 25 de xullo, haberá misa solemne con procesión ás 13:00 horas e sesión vermú. Tamén haberá festa de tarde noite coa Orquestra Samil.

O sábado 26 celebrarase unha misa solemne ás 13:30 horas, seguida de sesión vermú. Á tarde noite haberá festa co Grupo Sensaciones.

O alcalde de Sober, Luis Fernández Guitián, anima a todos os veciños e visitantes a participar na festa e celebrar o Día de Galicia.

24 de xullo de 2014 | 12:44 • Sen comentarios

Comentarios pechados.