O Concello de Pontecesures presenta as súas propostas a Portos de Galicia
Nunha xuntanza mantida na sede de Portos de Galicia en Santiago de Compostela, transmitíronselle ao presidente da entidade diversas accións no seu ámbito de actuación, como o peche perimetral da pista polideportiva ubicada ao final do peirao, a limpeza das marxes do río, o mantemento dos pantaláns e o acondicionamento do asfaltado do vial portuario. José Juan Durán, presidente da entidade comprometeuse a estudar as propostas presentadas polo Concello de Pontecesures e a súa viabilidade.