publicidade hoxe

O Club náutico da Illa de Arousa sairá a licitación pública en outubro cun orzamento de 1,2 millóns

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA Illa de ArousaLocal PortadaPontevedra
A-
A+

Sesenta e oito (68) estudios de arquitectura presentaronse ó concurso de ideas do anteproxecto do Club Naútico da Illa de Arousa que construirán a Deputación (o 70%) e o Concello da Illa (30%) cunha inversión de 1,2 millóns de euros (1,5 con IVE).

O gañador do primeiro premio (12.000 €) foi o presentado baixo o lema Invernada, dun estudio de Nigrán, e outros dous que obtiveron os accésits de 5.000 € cada un, dous estudios de Pontevedra presentados co lema Slalom e Gran Illa.

O proxecto gañador é unha edificación que da resposta ás necesidades que en materia náutico-deportiva ten o Concello da Illa de Arousa para atender ás necesidades das dúas entidades que en principio van facer uso del _o Club de Piragüismo e a Asociación de Dornas a Vela_ así como ó contorno específico no que se vai situar, a zona do Bao, na mesma entrada da Illa.

Descrición e prazos

O proxecto prevé tres zonas de usos comúns (ximnasio, cafetería) e de práctica deportiva. É un edificio de baixo mantemento e eficiencia enerxética que terá un  parque interior cun pequeno museo ó aire libre para disfrutar das dornas e embarcacións.

O presidente da Deputación, Rafael Louzán, explicou que, unha vez coñecido o gañador do concurso, agora elaborarase o proxecto  construtivo para licitar en outubro coa previsión de que o edificio se remate na súa construción o vindeiro ano.

Louzán destacou que o edificio era un proxecto “longo tempo esperado na Illa e que cumpre á perfección o que demandabamos: un espazo integrado no entorno, funcional, sen custe enerxético e sen impacto visual”.

Parcela de 3.888 m2 no Bao

Segundo dixo, “é un paso fundamental para que A Illa poida contar cunhas instalacións náutico-deportivas dignas e que respondan ás necesidades de dous clubs de gran relevancia neste concello, como é o Club de Piragüismo e a Asociación de Dornas a Vela”.

O presidente da Deputación explicou que as actuais instalacións dos citados clubs están obsoletas e nunha situación administrativa complicada, sen concesión de Costas do Estado. “Levamos xa varios anos tratando de poñer solución a esta situación pero ata o de agora non foi posible, debido ás dificultades que se atoparon para dispoñer duns terreos coas condicións urbanísticas adecuadas”, afirmou.

Agora disponse dunha parcela de 3.888,33 metros cadrados na praia do Bao para levantar o novo edificio de usos náutico-deportivos.

Premiados

– Os autores do lema gañador Invernada son: Patricia Muñiz Núñez, Luciano González Alfaya, Silvia González Dacosta, Javier Rocamonde Lourido e Natalia Alvaredo López. E os arquitectos: Patricia Muñiz Núñez, Luciano González Alfaya e Silvia González Dacosta

– O Lema Slalom, 2º premio (6.000 euros) son, como autores da proposta, Víctor Hermo Sanchez e Cristian Sieira Hermo. Os arquitectos son: Víctor Hermo Sanchez

– O lema Gran Illa, 3º premio (6.000 euros)  son como autores, Concepción García García, Adolfo Agra Gutierrez e  como arquitecto Concepción García García

23 de xullo de 2014 | 17:21 • Sen comentarios

Comentarios pechados.