publicidade hoxe

O Cidade de Lugo Fluvial proclámase Campión Galego de Tríatlon de categorías menores

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaDeportesDeportes Portada
A-
A+

O Cidade de Lugo Fluvial logrou hoxe en Viveiro o título de campión galego de Tríatlon de Categorías Menores. A entidade lucense logrou o triunfo na clasificación de clubs, nunha proba na que participaron un total de 218 deportistas (38 benxamíns, 66 alevíns, 54 infantís e 60 cadetes), unha cifra récord para este torneo.

No campionato das categorías inferiores hai clasificación individual e de clubs, e para esta última súmanse os resultados de todas as categorías. Desta forma, por detrás do Cidade de Lugo, hai que sinalar a segunda posición do Tríatlon Ferrol e a terceira, do A.D. Fogar.

O Campionato Galego de Tríatlon de Menores celebrouse en Viveiro cunha participación moi destacada, de máis de 200 deportistas das categorías benxamín, alevín, infantil e cadete. As distancias son diferentes, dependendo da categoría:

Benxamín (100 metros natación – 2 quilómetros en bicicleta – 500 metros de carreira a pe); alevín (200 m. – 4 qm. – 1 qm.); infantil (300 m. – 8 qm. – 2 qm.) e cadete (500 m. -10 qm. – 3 qm.). Hai que destacar que houbo problemas no desenvolvemento do campionato por desaxustes na organización, que provocaron retrasos no inicio de algunhas das probas.

20 de xullo de 2014 | 19:18 • Sen comentarios

Comentarios pechados.