publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

O alcalde de Rodeiro asume a presidencia do GDR Terras do Deza tras a renuncia de José Luís Factor

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocal PortadaPontevedraRodeiro
A-
A+

A xunta directiva da Asociación de Desenvolvemento Rural Terras do Deza, presidida polo seu presidente José Luís Factor, reuniuse onte ás 20:00 h. para aprobar, entre outros temas, tres novos proxectos do programa Leader .

O primeiro trátase dunha Granxa Escola en Garlin- Agolada cuxo promotor José Antonio Lorenzo Penido pretende fomentar o contacto coa natureza, convivencia e respecto polos animais a través de diferentes actividades programadas e con programas personalizados en función dos intereses e necesidades de cada grupo. Acéptase un orzamento de 440.840,78 € situándose o importe da axuda por parte do GDR no 35% desta cantidade.

O segundo proxecto aprobado é o Equipamento do local social de Goiás en Lalín por parte do Concello de Lalín, mediante a instalación dunha Aula de Informática que permitirá achegar aos veciños da parroquia o novas TIC´s. Acéptase un orzamento de14.137,30 € situándose o importe de axuda por parte do GDR no 11.157,95 €.

O terceiro proxecto aprobado consiste na compra dunha empacadora-encintadora por parte de Carballeiras SAT 1245 Xuga. Trátase dunha maquinaria innovadora na recollida dos cultivos para o ensilado.Acéptase un orzamento de 79.900 € situándose o importe de axuda por parte do GDR no 42,60% desta cantidade.

O cuarto e último proxecto aprobado preséntao Fabián Marcelo Calandria e é a creación dunha vivenda tutelada, centro de día e de rehabilitación con servizo de transporte adaptado no Concello de Rodeiro. Acéptase un orzamento de 132.395,09 € situándose o importe de axuda por parte do GDR no 35,00% desta cantidade.

Unha vez finalizado o primeiro punto da orde do día José Luís Factor Rodríguez presentou á Xunta directiva a súa renuncia como Presidente ao asumir novas responsabilidades na súa profesión que lle impiden dedicar o tempo e a atención necesaria ao GDR.

Agradeceu todos e cada un dos seus membros e ao equipo técnico o apoio prestado durante o seu mandato.

O agradecemento foi recíproco, xa que os membros asistentes eloxiaron o seu labor como Presidente.

A partir deste momento asumirá as funcións de Presidente o Alcalde de Rodeiro, Luís López Diéguez que mostrou o seu agradecemento polo labor realizado ao Presidente saínte.

24 de xullo de 2014 | 18:47 • Sen comentarios

Comentarios pechados.