publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

O albergue xuvenil de Vilar de Ordelles acolle a 35 xóvenes nun dos campamentos da campaña de verán

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaEsgosOurense
A-
A+
Rogelio Martínez na visita ao campamento xuvenil

Rogelio Martínez na visita ao campamento xuvenil

A campaña de verán organizada pola Consellería de Traballo e Benestar, oferta este ano na provincia de Ourense 805 prazas, 20 máis ca o anterior, repartidas entre campamentos e campos de traballo para que mozos e mozas de entre 9 e 30 anos participen en actividades de ocio e educación non formal.

O delegado territorial da Xunta en Ourense, Rogelio Martínez, destacou a aposta do Goberno galego na programación destas actividades que “contribúen a que os mozos e mozas empreguen o seu tempo libre realizando actividades de carácter lúdico, cultural e deportivo, nun entorno novo para moitos deles.” Martínez engadiu que as actividades que se levan a cabo nestes campamentos “axudan a que a mocidade coñeza outros territorios e viva novas e enriquecedoras experiencias”.

Aventura e cultura na natureza

Rogelio Martínez, acompañado polo xefe territorial de Traballo e Benestar, José Selas, visitou hoxe as instalacións do albergue xuvenil de “Vilar de Ordelles”, en Esgos, no que 35 nenos e nenas están a participar nun dos campamentos previstos na campaña de verán que organiza a Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado na provincia ourensá.

Ao longo da súa estadía, os participantes -con idades comprendidas entre os 11 e os 14 anos- están a desenvolver actividades culturais e de aventura na natureza que inclúen obradoiros de reciclaxe, sendeirismo, contacontos e teatro, así como piscina, actividades de carácter deportivo ou veladas nocturnas de observación das estrelas.

Na provincia de Ourense, ademais de Esgos, os concellos de Coles, Manzaneda, Muíños e a capital, tamén acollen campamentos xuvenís organizados pola Xunta dentro da campaña de verán deste ano, que contan cunha oferta total de 640 prazas, fronte as 535 da pasada campaña.

15 de xullo de 2014 | 12:19 • Sen comentarios

Comentarios pechados.