publicidade hoxe

Nova edición do programa Artabria Emprega en Cabanas

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCabanas
A-
A+

A Consellería de Traballo e Benestar, a través da súa Dirección Xeral de Emprego e Formación, ven de firmar un novo programa integral de emprego cos concellos de Cabanas, Mugardos, Neda, Fene, Pontedeume e Ares. Trátase esta dunha nova edición do programa Artabria Emprega, que acada con esta a súa terceira edición e cuxo obxectivo consiste en facilitar a inserción laboral de persoas con especiais dificultades para a súa incorporación ó mercado de traballo, combinando a prospección de mercado coa formación dos usuarios atendidos dentro do programa.

Dentro do programa está previsto facer nos próximos días a selección de candidatos dun listado que será facilitado polo Servizo Público de Emprego, sendo esta a primeira das etapas do proxecto.Posteriormente procederase a unha consultoría individual e grupal para logo acceder a un período de formación e rematar cun seguimento da inserción laboral. O obxectivo que se persegue é

O programa xa está en marcha e está previsto que dure ata o 30 de xuño de 2015, cunha duración total de nove meses sendo a data de fin das accións o 31 de marzo de 2015.

Nesta edición está previsto que tomen parte un total de 174 participantes dos colectivos que teñen un maior risco de exclusión nos procesos de selección como son persoas con discapacidade, mulleres, menores de 30 anos e persoas desempregadas de longa duración. O obxectivo que se ten fixado para esta edición está marcado en 61 insercións, o que supón un 35% dos participantes.

O presuposto co que contaran os concellos para levar a cabo os diferentes programas de formación é de 368.470,58 euros, dos que 313.200 serán aportados pola Consellería mentres que os 55.270,52 euros restantes serán a cargo dos concellos participantes no programa.

18 de xullo de 2014 | 19:54 • Sen comentarios

Comentarios pechados.