publicidade hoxe

Normalidade no servizo de auga en Barreiros tras case un día interrompido en catro parroquias

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaBarreirosLocal PortadaLugo
A-
A+
Europa Press

O alcalde de Barreiros, o popular Alfonso Fuente Parga, asegurou que esta mañá, en torno ás 8,00 horas, puido comprobar que se continuara con normalidade o servizo de auga no municipio, despois de case un día enteiro en que non contou con el nas catro parroquias máis poboadas: San Miguel de Reinante, Reinante, San Cosme e Benquerencia.

Ás 21,00 horas da noite do pasado luns iniciáronse os problemas na traída, que non se emendaron ata o martes ás 20,00 horas, cando se recuperou a normalidade en Benquerencia.

Precisamente a avaría partía da rede en Benquerencia, cunha canalización rota. “Detectamos que a auga chegaba a toda a rede, pero detectamos que en Benquerencia, sobre todo nas casas da costa, seguían chamando porque non tiñan auga ou que a presión era pequena. Centrouse a busca nesa parroquia e detectouse preto do cemiterio que había unha canalización rota”, destallou.

Alfonso Fuente Parga calcula que se perderon “uns 600 metros cúbicos” tras a avaría. O accidente afectou sobre todo esas catro parroquias, que son as máis poboadas.

Ademais, o alcalde de Barreiros relatou que os “cámping están a tope e o máis afectado foi o da Nosa Casa en Reintante”. Fuente Parga admite que nun principio pensou que a avaría tiña que ver coas obras do gasoduto na bisbarra da Mariña luguesa.

No municipio, cun censo de 3.100 habitantes, durante estas datas estivais a poboación multiplícase por catro, e mesmo por cinco durante as pontes de xullo e agosto e pode chegar aos 15.000 habitantes.

16 de xullo de 2014 | 16:22 • Sen comentarios

Comentarios pechados.