publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Muros acolle a presentación do XXVII Gran Premio Carrilanas de Esteiro Marqués de Vizhoja

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaMuros
A-
A+
Presentación Gran Premio Carrilanas de Esteiro

Presentación Gran Premio Carrilanas de Esteiro

A alcaldesa do concello de Muros, Caridad González, presidiu a presentación do vindeiro XXVII Gran Premio Carrilanas de Esteiro Marqués de Vizhoja 2014. No acto tamén compaceron o Concelleiro de Obras, Manuel Freire, e as Concelleiras de Cultura e Turismo, Charo Fernández e Sandra Maneiro, ademáis de David Fernández, presidente da Asociación Deportiva e Cultural Esteirana de Carrilanas, e Javier Peláez, propietario da empresa patrocinadora, Bodegas Marqués de Vizhoja.

Esta XXVII edición vén marcada pola candidatura presentada do Gran Premio Carrilanas de Esteiro Marqués de Vizhoja a Festa de Interese Turístico Nacional, e que será resolta en menos dun mes. “Temos moitas esperanzas depositadas na designación do Gran Premio Carrilanas de Esteiro Marqués de Vizhoja como Festa de Interese Turístico Nacional. Son moitos os requisitos que a candidatura esixe, pero coidamos que os cumprimos con creces. Dende a Asociación Deportiva e Cultural Esteirana de Carrilanas queremos agradecer a colaboración e apoio recibido por parte do Concello, da Alcaldesa, e dos nosos patrocinadores, e sen o cal esta edición difícilmente chegaría a celebrarse”, afirmou David Fernández.

Bodegas Marqués de Vizhoja repite nesta XXVII edición como patrocinador oficial. “Este vixésimo sétimo Gran Premio Carrilanas de Esteiro‐ Marqués de Vizhoja brindaranos a posibilidade de revalidar o espíritu de traballo, colaboración, superación e celebración co que se empapa Muros cada ano nesta celebración, e do que propios e alleos se namoran en cada edición”, comentou Javier Peláez, propietario de Bodegas Marqués de Vizhoja, na súa intervención.

8 de xullo de 2014 | 18:45 • Sen comentarios

Comentarios pechados.