publicidade hoxe

Marc Tur foi seleccionado para o Campionato Iberoamericano de Atletismo

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaDeportesDeportes PortadaPontevedra
A-
A+

A RFEA publicou a lista de integrantes do equipo nacional absoluto que participará no Campionato Iberoamericano de Atletismo e que se celebrará desde o vindeiro venres ao domingo en Sao Paolo, Brasil.

A Sociedade Ximnástica está a empezarlle a coller un certo agarimo a esta competición xa que será a terceira edición consecutiva na que acode un atleta da entidade pontevedresa. En 2010, en San Fernando, Cádiz, estivo Gustavo Dacal na proba de lanzamento de xavelina e en 2012, en Barquisimeto, Venezuela, Jean Marie Okutu participou no salto de lonxitude.

Marc Tur suma a súa segunda actuación coa selección nacional absoluto, o pasado maio participou con España na Copa do Mundo de marcha e agora volverá facelo nos 20 quilómetros marcha no Estadio Ícaro de Castro Mello de Sao Paolo, o sábado ás dúas menos dez da tarde, hora peninsular.

Teresa Suárez, cuarta clasificada na carreira da Ostra de Arcade

Sobre unha distancia de 5 quilómetros celebrouse en Arcade a primeira edición da “Carreira da Ostra Arcade-Soutomaior”, cunha boa aceptación de algo máis de 200 corredores que souberon soportar a calor reinante; a distancia curta axudou a iso.

Por parte do equipo da Sociedade Ximnástica, participou a súa atleta Teresa Suárez que quedou a un tris de subir ao podio feminino, ao quedar a cuarta clasificada

29 de xullo de 2014 | 13:38 • Sen comentarios

Comentarios pechados.