publicidade hoxe

Localizan a unha muller inconsciente tras sufrir un accidente de tráfico en Maceda

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaMacedaSucesos
A-
A+
Europa Press

Unha muller foi localizada inconsciente este venres tras sufrir un accidente de tráfico na estrada de Baldrei, ao seu paso polo municipio ourensano de Maceda.

Segundo explicou o CAE 112 Galicia, o sinistro tivo lugar a sobre as 11,54 horas e a preocupación polo estado de saúde da muller motivou a mobilización do helicóptero medicalizado con base en Ourense.

Ao lugar, ademais do helicóptero acudiron efectivos de Protección Civil de Maceda e Baños de Molgas e da Garda Civil de Tráfico, explicaron as mesmas fontes.

18 de xullo de 2014 | 17:49 • Sen comentarios

Comentarios pechados.