publicidade hoxe

Licitadas as actuacións de ensanche, mellora do firme e da sinalización da estrada que une Mondoñedo e Lindín

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocal PortadaLugoMondoñedo
A-
A+

A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas publica hoxe no Diario Oficial de Galicia (DOG) a licitación das obras de mellora na LU-124, a estrada Mondoñedo-Lindín, que serve de conexión coa autovía A-8.

A delegada territorial, Raquel Arias, sinalou que a Axencia Galega de Infraestruturas (AXI) destina preto de 772.763,58 euros a estes traballos, que suporán o ensanche, mellora do firme e sinalización do tramo.

As empresas interesadas en optar á adxudicación das obras teñen de prazo ata o día 11 de agosto para presentar a solicitude, tralo cal se abrirá o procedemento de adxudicación. O prazo previsto de execución dos traballos é dun ano.

As obras consistirán na rehabilitación do firme no tramo urbano en Mondoñedo, o ensanche e mellora da plataforma en 4,3 quilómetros entre esta localidade e Lindín, e a adecuación da sinalización e balizamento nos 7,5 quilómetros de tramo interurbano ata alcanzar o enlace da A-8.

A Xunta estudou o tráfico da estrada LU-124 para valorar as intervencións precisas, instalando unha estación de aforos no tramo entre Mondoñedo e o enlace coa A-8 que deu como resultado unha intensidade media diaria de 122 vehículos, dos cales preto do 12% son vehículos pesados.

Raquel Arias subliño que as obras redundarán na mellora da seguridade viaria dos veciños e veciñas da zona e dos que utilizan ese tramo para acceder á autovía do Cantábrico. “A través deste tipo de actuacións –explicou-, a Xunta pretende dotar aos concellos galegos dunhas infraestruturas viarias máis seguras e confortables para os usuarios, rebaixando así os riscos de accidentes”.

16 de xullo de 2014 | 13:33 • Sen comentarios

Comentarios pechados.