publicidade hoxe

Iván Docampo consegue o título de Campión de Galicia de 5 km. en ruta

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCurtisDeportesDeportes PortadaPontevedra
A-
A+

Xa o dixemos na previa do Campionato e cumpríronse os prognósticos, Iván Docampo conseguiu o ouro no Campionato de Galicia de 5 quilómetros en ruta, que se celebrou no municipio coruñés de Curtis.

O atleta da Sociedade Ximnástica, xa gañou a competición en 2011 e esta é a súa segunda medalla de ouro na distancia. Con este metal dourado, xa son cinco edicións nas que un atleta masculino da Ximnástica gana o Campionato, desde 2010, ano en que se celebrou a primeira edición desta proba.

Pero o pupilo de Pablo Díaz, non foi o único atleta pontevedrés en subir ao podio, Francisco Sánchez tamén foi ouro na categoría veterana de maiores de 35 anos e Martín Taín foi prata na categoría promesa masculina.

Con esta carreira practicamente está concluída a tempada de campionatos de Galicia, unha tempada na que a Sociedade Ximnástica leva cultivadas 128 medallas, lonxe das 150 de 2011, moi preto das 131 do curso pasado, pero con record de ouros, 60. Aínda quedan pendente dúas probas en ruta, o galego de milla e o de 10 km. que aínda non teñen sede.

7 de xullo de 2014 | 13:45 • Sen comentarios

Comentarios pechados.