publicidade hoxe

Galipizza busca nome para a súa nova furgoneta clásica entre os seus clientes

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCulleredoRibadeoSantiago de CompostelaViveiro
A-
A+

Aos locais xa coñecidos que Galipizza&cia ten en Viveiro, Ribadeo e Culleredo, non só se une o novo local en Santiago de Compostela, que se inaugurará nos próximos días, senón que esta cadea de restauración con orixe na Mariña de Lugo presenta como novidade este verán un novo medio de transporte moi peculiar: unha furgoneta Citroën HY, clásica pero renovada e adaptada para poder cociñar in situ as súas coñecidas galipizzas con ingredientes galegos.

Esta nova versión de Galipizza&cia estreouse a pasada fin de semana no IX Festival Arreaocabo, en Celeiro, e xa ten confirmadas outras localizacións nalgúns dos festivais máis coñecidos este verán, como o Resurrection Fest, en Viveiro, e o Novomesoifest, en A Coruña.

Galipizza&cia quere agora bautizar esta furgoneta tan especial e para iso botou man dos seus clientes e seguidores nas redes sociais de facebook e twitter, cun concurso na busca do mellor nome para denominala. A empresa premiará a creatividade e orixinalidade das propostas, e nas próximas semanas decidirá entre tódalas propostas recibidas o nome que máis se axuste ó seu estilo.

Citroën lanzou este modelo no ano 1947 e seguiuno fabricando ata 1981 sen apenas modificar a súa estética. Desde este verán será tamén un novo medio para apaga-la morriña dos amantes das galipizzas made in Galicia e levalas lonxe dos seus locais habituais.

11 de xullo de 2014 | 19:09 • Sen comentarios

Comentarios pechados.