publicidade hoxe

Gala circense en Cambre

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCalendarioCambre
A-
A+

O vindeiro venres 1 de agosto terá lugar a o 20.30 h no auditorio do parque da igrexa de Cambre unha gala circense. Nesta gala especial de Cambre veremos unha escolma de varios dos números e compañías que más están a xirar neste momento. A gala estará presentada por Fran Rei (membro de Os Sete Magníficos máis Un, habitual da parte humorística do Luar da TVG e formador e director de clown) e contará con compañías como:

– Isla Letriska, que porá a parte de humor máis gamberro xunto cos malabares e a estética máis circense.

– O mago Dani García, que convertido en Don Gelati nos achegará ao xeadeiro máis orixinal e sorprendente de Galicia con números e xogos realmente bonitos e espectaculares.

– Desastronauts, que aportarán a parte de acrobacias aéreas e risco imprescindibles para que o Ruactiva acade ese cumio artístico e circense que caracteriza ao espectáculo.

Todo isto estará arroupado pola música ao vivo de compoñentes de A Magnifique Bande dos Homens sen Medo, o mellor grupo de música de rúa do momento.

 

28 de xullo de 2014 | 12:46 • Sen comentarios

Comentarios pechados.