publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Dumbría rexistra nunha mesma parroquia seis incendios en alpendres en tan só un mes

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaDumbríaPortada dereitaSucesos
A-
A+
Europa Press

O lugar de San Crimenzo, na parroquia de Ézaro (Dumbría), rexistrou no prazo dun mes ata seis incendios en alpendres, segundo informou o Parque Comarcal de Bombeiros de A Costa da Morte.

Os efectivos de Bombeiros acudiron na tarde deste martes a extinguir un novo incendio rexistrado na planta superior dun alpendre do lugar de San Crimenzo, onde se acumulaban rolos de herba seca.

Os labores de extinción do lume prolongáronse dende as 18.00 ata as 21.00 horas e foi necesaria a colaboración dos veciños para a reitrada de herba afectada, empregando apeiros de labranza e varios tractores para apartar a palla.

Como consecuencia do incendio resultou calcinada a parte superior do alpendre, aínda que non houbo que lamentar danos persoais nin no gando que se atopaba na planta inferior da construción.

30 de xullo de 2014 | 11:16 • Sen comentarios

Comentarios pechados.