publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Dez lucenses fórmanse en Cervantes para abrir negocios co Campus de Emprendemento da Deputación

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCervantesLugo
A-
A+

10 lucenses están a recibir en Cervantes formación gratuíta co obxectivo de abrir novos negocios nos 3 Concellos que integran a Reserva da Biosfera dos Ancares Lucenses. Fano co II Campus de Emprendemento Sostible, a programación da Deputación que crea emprego no rural e combate o despoboamento demográfico, apostando pola cultura emprendedora como saída laboral.

Sonsoles López Izquierdo, responsable da área de Medio Ambiente e Enerxías Renovables, mantivo este martes un encontro con ditos 10 emprendedores. Participan no obradoiro do Campus denominado “Motivación e xeración de ideas”, dirixido a persoas que queren emprender e non saben como facelo. Por este motivo, explícanselles os principais elementos a ter en conta á hora de crear unha empresa e os instrumentos que contribúen a unha boa idea empresarial, como as oportunidades de negocio. Ademais da formación teórica, realizarán visitas a empresas consolidadas e recibirán asesoramento personalizado, pois tamén haberá titorías individuais coas que continuar o traballo iniciado no Campus e poñer en marcha as ideas emprendedoras. 

O obradoiro de Cervantes é o segundo que a Deputación pon en marcha con esta nova edición do Campus de Emprendemento Sostible, posto que a finais de xuño arrincou coa formación gratuíta que ofrece mediante esta programación, levando ó Centro de Interpretación de Terras do Miño, na capital luguesa, o mesmo seminario para que emprendedores lucenses abran os seus negocios nos 26 Concellos que integran a Reserva da Biosfera de Terras do Miño.

Outras 80 prazas

A institución mantén aberto o prazo de solicitude doutros 4 obradoiros do Campus con prazas para outras 80 persoas. Para inscribirse ou obter máis información só é preciso acceder a www.deputacionlugo.org ou chamar ó 982-22-78-12. Deste xeito, a Deputación levará unha nova edición do seminario “Motivación e xeración de ideas” a Terra do Miño, dende o 14 ó 17 xullo. Para aquelas persoas que xa teñan máis avanzada a súa idea de negocio, o organismo provincial organiza 3 obradoiros de “Maduración da idea empresarial”. As datas, horarios e lugares de celebración destes últimos son as seguintes:

- Centro de Interpretación Terras do Miño: 1-4 de setembro. De 10:00 a 14:00 horas.
- Os Ancares-Cervantes: 8-11 de setembro. De 16:00 a 20:00 horas.
- Centro de Interpretación Terras do Miño: 15-18 de setembro. De 16:00 a 20:00 horas.

7 novas empresas

En total, o II Campus de Emprendemento Sostible ofrece, de xeito totalmente gratuíto, formación e asesoramento personalizado a 120 emprendedores lucenses para que abran os seus negocios nos 29 Concellos das Reservas de Terras do Miño e Os Ancares Lucenses. A Deputación reeditou esta programación logo do éxito da primeira convocatoria mediante a cal se puxeron en marcha ata o momento 7 novas empresas nos seguintes sectores: agricultura ecolóxica, gandeiría ecolóxica, educación ambiental, turismo rural, ecoagruturismo e produción artesanal.

8 de xullo de 2014 | 17:00 • Sen comentarios

Comentarios pechados.