publicidade hoxe

Culleredo propón aos cativos atopar ao mago Antón o sábado no Burgo

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCulleredo
A-
A+

Onde está o mago Antón? Esa é a pregunta que tratarán de responder os nenos e nenas participantes no espectáculo de maxia que o Concello de Culleredo organiza o vindeiro sábado, 12 de xullo, no Burgo. Será no Paseo Marítimo, na zona da pista polideportiva e parque infantil. Haberá as seguintes funcións:

• 12.00 horas

• 13.00 horas

• 18.00 horas

• 19.00 horas

• 20.00 horas

As entradas, gratuítas, 50 por función, xa se poden recoller no Edificio de Servizos Múltiples do Burgo.

Obradoiros de escribir contos

Ademais, a Biblioteca González Garcés do Burgo acolle hoxe martes 8 e xoves 10 un obradoiro de como escribir un conto, organizado tamén pola Concellería de Cultura de Culleredo. Está dirixido a nenos de 8 a 12 anos.

8 de xullo de 2014 | 19:51 • Sen comentarios

Comentarios pechados.