publicidade hoxe

Cotobade presenta o seu Certame Folclórico Internacional

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCotobade
A-
A+

O Alcalde Jorge Cubela López e a Concelleira de Turismo María Pichel xunto cunha representación da Asociación Cultural “Os Trazantes de Tenorio” (anfitrións e organizadores do certame) fixeron, no salón de plenos do concello, a presentación do XI Certame Folclórico Internacional de Cotobade que se vai a celebrar o vindeiro sábado 12 de xullo de 2014 ás 18:00 h no IES de Cotobade (Tenorio).

Este ano o festival contará coa presenza de grupos Muszla Folk Dance Group de Hungría e o Ballet Folclórico Municipal de Rancagua de Chile, ademáis de Os Trazantes de Tenorio.

Tanto o Alcalde como a Concelleira destacaron a importancia de realizar actividades culturais folclóricas promovendo a confraternización con grupos nacionais e internacionais facendo chegar as distintas culturas musicais ao público en xeral.

O Alcalde suliñou a importancia de apoiar estas iniciativas culturais das distintas asociacións do concello para fomentar e dar coñecer Cotobade e a súa cultura (gastronomía, folclore, paisaxe e natureza, etc…).

 

10 de xullo de 2014 | 16:23 • Sen comentarios

Comentarios pechados.