publicidade hoxe

Cotobade contrata a 8 desempregados ao abeiro do plan de conservación da Deputación

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCotobade
A-
A+

O Concello de Cotobade realizou a selección e a contratación de 8 desempregados ao abeiro do Plan de Conservación e Funcionamento de Bens e Servizos Municipais 2014 da Deputación Provincial de Pontevedra a cal concedeulle ao Concello unha subvención de 33.455’04 €.

Os candidatos remitidos dende a oficina de emprego de Pontevedra- Bisbarra participaron nun proceso selectivo consistente, nun primeiro lugar, na valoración de méritos alegados como a experiencia en postos similares desempeñados con anterioridade, formación e cursos nun segundo lugar na realización dunha proba práctica relacionada co posto de traballo a desempeñar.

Estes 8 traballadores serán os encargados de realizar os seguintes servizos:

REFORZO DO SERVIZO DESBROCE MECÁNICO (TRACTORISTA): actividade de mantemento e conservación orientase cara a limpeza e desbroce das cunetas, mantemento do firme, a realización de obras precisas (arranxo de canalización de auga, señalización, etc…) que garanticen unha boa circulación viaria e a limpeza daquelas áreas de titularidade municipal que polo seu estado de alta vexetación e cun elevado risco de incendio forestal é preciso a actuación mediante o desbroce mecánico con tractor

REFORZO SERVIZO DE RECOLLIDA DE LIXO: o concello de Cotobade leva os residuos sólidos urbanos á planta de transferencia do Concello de A Lama; realizando a recollida de lixo con dous camións, un facendo a recollida diaria de residuos sólidos urbanos (RSU) e outro levando a cabo a recollida selectiva de envases e plásticos (contedor amarelo)

REFORZO DO SERVIZO MANTEMENTO XERAL MUNICIPAL: actuacións de conservación e mantemento das instalacións e edificios municipais, que polo seu uso diario sofren un elevado deterioro o que fai necesaria o seu mantemento para que ofrezcan un servicio óptimo. Así, podemos establecer como actividades de mantemento as que abranguen arranxos de albañilería, mantemento das instalacións eléctricas, fontanería, limpeza, etc…

Outras das funcións a realizar por estes traballadores será a conservación do mobiliario municipal consistente en marquesinas, alcantarillado e depuradoras, sinais, fontes, palcos, alumeado público, etc…

Mellora, conservación e mantemento das infraestructuras básicas e dos servizos básicos á poboación nos núcleos rurais, entendendo como tal actucións no saneamento público, alumeado público, camiños públicos, beirarúas, sinalización vertical, etc…

Mellora e conservación do patrimonio dos núcleos rurais, é dicir, actuacións naqueles elementos como fontes, lavadoiros, etc…, que polo seu valor histórico deben ser conservados como identidade do concello.

11 de xullo de 2014 | 18:40 • Sen comentarios

Comentarios pechados.