publicidade hoxe

Comezan en Laxe as actuacións “a pé de rúa”

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLaxe
A-
A+

A Concellaría de Cultura e Benestar Social do Concello de Laxe, comunica que este xoves, 17 de xullo darán comezo a serie de catro actuacións que de maneira consecutiva os xoves conformarán parte da programación de verán do Concello de Laxe prevista para este verán, denominada “A Pé de Rúa”. O programa deste ano estará composto por actuacións de contacontos con toques máxicos, novo circo, maxia profesional e títeres.

Todas estas actuacións, como de costume, terán lugar os vindeiros 4 xoves ás 20 horas na Praza de Ramón Juega, sempre e cando o tempo o permita. En caso contrario, emplazaranse no patio cuberto situado na Praza dos Voluntarios enfronte da Casa do Concello.

Lembramos que a maiores da programación dos xoves, este ano en Laxe tamén teremos outros programas culturais de verán xa tradicionais tamén como veñen sendo o XIII Certame da Canción Mariñeira, Día da Gaita, Mercado Pirata, Festas patronais, VIII Solpor Poético e Certame de Poesía Antón Zapata García… entre outras actividades de caráter máis festivo e deportivo. Todo o programa de actividades deste verán de Laxe, están organizadas tanto polo Concello de Laxe como por asociacións municipais entre as que teñen unha relevancia especial a Asociación de Amigos da Coral Polifónica Municipal, Asociación de Amas de Casa, Asociación Cultural Maruxía e Comisión de Festas de Laxe.

16 de xullo de 2014 | 19:39 • Sen comentarios

Comentarios pechados.