publicidade hoxe

Comezan as tarefas de conservación e mellora nun tramo do río Valiñadares ao seu paso por Mondoñedo

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaMondoñedo
A-
A+

A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, a través de Augas de Galicia, vén de iniciar as obras de conservación e mantemento dun tramo do río Valiñadares, na parroquia dos Remedios, ao seu paso polo Concello de Mondoñedo.

Estes traballos de mantemento dun treito que alcanza 125 metros están enmarcados no programa de Conservación e mellora do dominio público hidráulico das bacías de Galicia Costa, no ámbito territorial da zona Galicia Norte e as súas zonas de acceso e protección.

As actuacións centraranse na retirada de árbores caída ao leito do dío e que constitúen un obstáculo, así como a protección do estribo da ponte, ao tempo que se farán pequenos e puntuais traballos de desbroce en zonas nas que o couce se atopa oculto por maleza. Estes traballos, unha vez finalizados, garantirán unha mellor conservación tanto do propio río como da contorna que o rodea.

22 de xullo de 2014 | 13:52 • Sen comentarios

Comentarios pechados.