publicidade hoxe

Comeza en Cotobade o campo de traballo “Emprendemento verde no rural”

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCotobade
A-
A+

Hoxe luns deu comezo no Concello de Cotobade o Campo de Traballo Internacional “Emprendemento verde no rural”, un programa de voluntariado ambiental da Campaña de Verán da Direcciòn Xeral de Xuventude e Voluntariado da Xunta de Galicia.  O Campo de traballo que por primeira vez se leva a cabo en Cotobade, conta cun equipo de 3 monitores: 1 director de campos de traballo, un biòlogo ambiental e unha intérprete.

Os participantes, un total de 16, proceden de diferentes puntos de España e de paises como Italia, Francia, Rusia, Bélxica e Taiwan.

Os traballos a desenvolver son os de recuperaciòn dun roteiro forestal polo Río Lérez, posta en valor das Comunidades de Montes para o rural e continuarán con obradoiros de emprendemento verde co fin de poñer en marcha futuras iniciativas empresariais ambientais e sostibles nos seus lugares de procedencia.

Estes traballos refòrzanse con actividades complementarias polas tardes como diferentes rutas, obradoiros ambientais, visitas culturais, actividades de aventura e excursiòns.

O Campo de Traballo ten unha duraciòn de 10 días entre o 20 e o 29 de xullo.

21 de xullo de 2014 | 12:56 • Sen comentarios

Comentarios pechados.