publicidade hoxe

Celta e Deportivo disputarán en Pontevedra o I Trofeo Federación Galega de Fútbol

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA CoruñaDeportesDeportes PortadaPontevedra
A-
A+
Autoridades na presentación do evento deportivo

Autoridades na presentación do evento deportivo

Pontevedra acollerá o vindeiro 13 de agosto, ás 21:30 horas, un partido amigable entre o Celta e o Deportivo. A recadación deste evento destinarase ó fútbol base.

Así o confirmaron hoxe, nunha rolda de prensa celebrada na Deputación, o presidente da institución provincial, Rafael Louzán, e os seus homónimos do Celta, Deportivo, Pontevedra C. F. e da Federación Galega de Fútbol, Carlos Mouriño, Tino Fernández, Lupe Murillo e José Garcia Liñares, respectivamente.

O que será o I Trofeo Federación Galega de Fútbol está organizado pola propia Federación, e as entradas, que se porán á venda a vindeira semana, terán un prezo de 20 € en tribuna, 15 € en preferencia, e 10 € nos fondos. A entrada será gratuíta para os menores de 10 anos.

Debido ó carácter benéfico do encontro, os árbitros non cobrarán. Ademais, os organizadores prevén completar a capacidade de Pasarón, á vista de que este enfrontamento se considera unha festa do fútbol, da camaradería e de apoio ó fútbol base.

28 de xullo de 2014 | 17:25 • Sen comentarios

Comentarios pechados.