publicidade hoxe

Catro galegos participarán no Campionato do Mundo Cadete de Taekwondo en Bakú

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaDeportesDeportes Portada
A-
A+

Catro deportistas galegos (Javier González, Artai Pazos, Adrián Pombo e Pilar Rodríguez) viaxan hoxe en dirección a Bakú (Azerbaiyán) para participar no primeiro Campionato do Mundo Cadete. O equipo galego viaxa acompañada pola seleccionadora galega Noelia Pérez. Saíron a primeira hora da mañá en dirección a Madrid e dende aí, unha longa viaxe cara a Bakú, onde terá lugar o Mundial entre os días 24 e 27 de xullo.

Esta viaxe vai ser financiada pola Federación Galega de Taekwondo e os propios deportistas, xa que a Española non asume gasto algún. As e os deportistas que participarán no Mundial lograron o título de campións de España no torneo celebrado en Marina D´Or (Castellón) o pasado mes de xuño. Artai Pazos (-49, Mace Sport) asumirá o papel de ser o primeiro en saír ao tapiz a competir. A cita será o venres 25 nun peso no que participarán un total de 33 deportistas.

Os outros tres galegos competirán o domingo 27. Pilar Rodríguez (Natural Sport Riveira) participará no peso de -59 quilogramos con 23 deportistas. Adrián Pombo (Maniotas) e 18 taekwondistas máis loitarán polo título en -65 quilogramos. Javier González (Mace Sport) competirá en -61 quilogramos xunto a outros 19 deportistas máis.

Para esta primeira edición do mundial,e coa intención de protexer a integridade dos mozos e mozas destas idades, a WTF en conxunto co comité médico aprobaron a utilización do casco cunha especie de careta á fronte para maior protección dos competidores. Neste primeiro Mundial Cadete participará case 600 deportistas (576) de idades comprendidas entre os 12 e 14 anos.

21 de xullo de 2014 | 12:34 • Sen comentarios

Comentarios pechados.