publicidade hoxe

Besteiro supervisa os traballos de mellora dos máis de 60 quilómetros de estradas provinciais en Antas

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaAntas de UllaLugo
A-
A+

O Presidente da Deputación de Lugo, José Ramón Gómez Besteiro, e a Deputada de Economía, Recadación e Facenda, Pilar García Porto, supervisaron este luns os traballos de recuperación das cunetas e firme que se están a realizar nos máis de 60 quilómetros de estradas provinciais do Concello de Antas de Ulla. As labores de acondicionamento forman parte das actuacións de recuperación de estradas co parque móbil, que se fai con medios propios da Deputación. Este plan servirá para acondicionar os máis de 4.200 quilómetros que ten a provincia de Lugo, a rede de estradas máis extensa de España.

As tarefas que se están a realizar no Concello de Antas consisten na recuperación e limpeza profunda das cunetas para a posterior mellora do firme das estradas. Con este plan mellóranse os máis de 60 quilómetros de estradas de titularidade provincial que ten este Concello. As vías nas que se esta a traballar son: LU P 1809, que une os concellos de Chantada e Antas, vial fundamental para o desenvolvemento dos concellos da zona, ademais da LU 301, que une Antas con Rodeiro, onde os traballos de limpeza xa están finalizados. Actualmente, os medios materiais e humanos da Deputación están a traballar na LU P 0303 e na LU P 0302, sendo esta última a que une Antas de Ulla por Santa Mariña con Borraxeiros. Ademais, durante os próximo días dará comezo neste municipio o plan de roza e desbroce, que se levará a todos os Concellos da provincia.

Outras actuacións no municipio
A Deputación levou a cabo diferentes traballos de acondicionamento de espazos e infraestruturas públicas en Antas de Ulla. Algún destes traballos son:

– Melloras a altura de Peibás, ensanchando a calzada e creando deste xeito espazos de aparcamento público e gratuíto.
– Acondicionamento de 4 quilómetros de firme con aglomerado en quente, que mellorou unha das canles de maior importancia da zona.
– Mellora daPonte do Estanco, con traballos que consistiron na remodelación e acondicionamento do viaduto.
– Dentro do casco urbano, acondicionamento da rúa Rodeiro, que supuxo a mellora da pavimentación.

21 de xullo de 2014 | 16:45 • Sen comentarios

Comentarios pechados.