publicidade hoxe

Balonmán e Castelos de Area en Cabanas

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCabanas
A-
A+

As actividades lúdicas no Concello de Cabanas seguen o seu ritmo, e este fin de semana, o sábado 26 de xullo, a Praia de A Madalena volverá a contar con diversos actos, organizados pola Concellería de Cultura e Deportes. Desta forma, tanto o Torneo de Balonmán Praia como o Trofeo de Castelos de Area encherán un ano máis o areal cabanés no que supón a sexta edición de ambas probas.

Dende primeira hora da mañá haberá xa actividade. Desta forma, o Torneo de Balonmán Praia dará comezo nas súas primeiras eliminatorias a partir das dez. Durante toda a xornada iranse sucedendo os diferentes encontros, estando previsto que a final se dispute ás 19:30 horas, inda que se hai moitos equipos inscritos esta poderase retrasar.

Polo que respecta ó Trofeo de Castelos de Area, a hora de comezo da actividade será ás 11:00 horas. Os interesados en participar poderán facer o mesmo sábado a súa inscrición, que será gratuíta. A entrega de premios terá lugar as 13:00 horas, estando previsto a entrega de trofeo ós tres primeiros clasificados así como medalla conmemorativa a todos os participantes.

Para conseguir máis información poderán dirixirse ó Departamento de Cultura e Deportes do Concello de Cabanas ou ben chamar ó 981 49 59 59.

24 de xullo de 2014 | 13:58 • Sen comentarios

Comentarios pechados.