publicidade hoxe

As obras de mellora da Torre do Reloxo do Concello de Neda contan cun investimento de 37.000 euros

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocal PortadaNeda
A-
A+
Xesús Vázquez na visita a Neda

Xesús Vázquez na visita a Neda

O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Xesús Vázquez Abad, comprobou hoxe o avance das obras de mellora da Torre do Reloxo do edificio da Casa do Concello de Neda, nas que o seu departamento inviste máis de 37.000 euros. Durante a súa visita o conselleiro estivo acompañado pola directora xeral do Patrimonio Cultural, María Carmen Martínez Insua.

A Torre do Reloxo de Neda é unha construción de planta cadrada que se eleva sobre os edificios contiguos. Construída en sillería, ten unha porta con lintel e unha ventá de arco apoiado en columnas, e está rematada por un campanario e un reloxo que lle dá nome. O obxectivo da obra é mellorar a apariencia da torre, para o que se propón a eliminación das liñas e cadros das instalacións de alumeado público, electricidade e telefonía fixados á fachada da mesma. Así mesmo, a actuación contempla a mellora da cuberta e das portas que dan ao edificio do Concello, a limpeza da fachada do edificio, así como o encintado dos esquinais de sillares de pedra e a aplicación de morteiro tradicional nas partes con mampostería.

“A previsión – explicou o conselleiro- é que a obra estea rematada en setembro. De feito xa se iniciaron os traballos de picado do morteiro e as probas de morteiro e rexuntado, e xa se entrou en contacto coa empresa eléctrica para que desmonte o cableado”.

Con este investimento a Consellería contribúe á conservación desta torre, que xa formaba parte do edificio da Casa-Hospital e capela do Santo Espírito feita por Margarita Fernándes e Pero García no ano 1500. De feito na actualidade estaba moi alterada pola perda dos recebos e pola presenza de cadros e cables que supoñían un impacto visual indesexado.

29 de xullo de 2014 | 16:38 • Sen comentarios

Comentarios pechados.